8 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Sorrí e fai feliz a alguén. 1 Obxectivo: todos os individuos temos sentimentos e autoestima que, á parte da situación económica, tamén é importante coidar. Ter menos ou non ter faite sentir mal e os INF demais ás veces lémbrancho co que si que teñen eles. Ideas chave: emprestar atención, mostrar solidariedade, coidar os pequenos detalles que poden ter un gran significado. Recursos: cartolina e rotuladores. Desenvolvemento: xunto co profesor, facer unha listaxe de accións que se poden realizar para axudar a xente pobre, e que non implican dispoñer de diñeiro: sorrir,mirar aos ollos,inclinar a cabeza para saudar, dicir “ola” ou “adeus” coa man, etcétera. A pobreza, ademais de falta de recursos económicos, tamén implica moitas veces soidade e pouco agarimo. Comprometémonos a levalos á práctica ao rematar a actividade. Cun pequeno xesto, podemos alegrar o día... e tamén o noso. Na casa: perdir aos pais que eles tamén sexan amables e saúden aos pobres cos que se atopen pola rúa. Máis: ensinar a non compararse, a non presumir do que teñen eles e os demais non.