26 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Pilas de limón: funcionan! 16 Obxectivo: comprobar que a enerxía se pode obter de materias e obxectos alternativos. Ideas chave: analizar as diferentes opcións, buscar alternativas IINNF e explorar novos campos. Recursos: un limón, unha moeda de cobre, un cravo galvanizado de zinc e cable de cobre. Desenvolvemento: na clase de Ciencias Naturais, realizar un experimento para comprobar como a enerxía se pode xerar de xeitos moi distintos; nun limón insírese unha moeda e un cravo, obxectos creados de metais diferentes que funcionan como eléctrodos causando unha reacción electroquímica grazas ao zume de limón que xera unha pequena cantidade de corrente eléctrica a través do cable de cobre. Mirade este vídeo para comprobar como se fai. Na casa: substituír lámpadas e fluorescentes de casa por lámpadas de tecnoloxía led que teñen maior eficiencia enerxética. Se xa se fixo, explícase por que se optou por esta tecnoloxía e se notaron diferenza coa anterior en canto a consumos. Máis: o mesmo experimento que se realizou co limón, tamén funciona cunha pataca. Comprobádeo.