18 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Educar fóra da escola. 11 Obxectivo: non existen as fronteiras para o coñecemento.Apréndese dentro e fóra da escola. Ideas clave: vivir é una experiencia de aprendizaxe; M compartimos coñecemento e vivencias. S IN Recursos: caderno, bolígrafo ou lapis. Desenvolvemento: apuntar nun caderno todas aquelas actividades, obradoiros ou experimentos que máis lles gusten da escola para facelos coas súas familias. E viceversa. Se van de excursión cos seus pais a algún lugar interesante, practican algún deporte novo, fan un obradoiro de cociña, etcétera, despois propóñeno ao resto de compañeiros para facer na aula. O coñecemento é circular. Na casa: todos xuntos escollen novas zonas que explorar, actividades que practicar, museos que visitar, etcétera. Máis: cada semana, hai un alumno “protagonista” e xunto coa súa familia expoñen na aula algunha actividade que realizasen recentemente xuntos e coa que aprendesen ou visen algo novo. Pode ser algo tan sinxelo como facer galletas ou un roteiro por unha zona que non coñecían.