63 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Apunta a túa clase a Deputados por un Día! Cada ano, este proxecto convértese nunha actividade viva e participativa nos Parlamentos das diferentes Comunidades Autónomas españolas grazas ao acto Deputados por un Día. Se estás a realizar este proxecto e traballando o valor da Compromiso cos ODS, gustarache levar os teus alumnos a esta actividade tan interesante. Trátase de argallar un relatorio de non máis dun folio de extensión co que traballabades e reflexionabades sobre o valor para partillalo cos demais colexios participantes. Tamén vos pedimos que preparedes varios compromisos que os cativos propoñen adoptar para mellorar. En cada Comunidade Autónoma participa unha escola por provincia, que pode levar un número limitado de nenos para ocupar os escanos. Un voceiro de cada escola expón o seu escrito e compromiso no estrado e, logo de que todos leran, os nenos votan o compromiso que máis lles gustou. Faise un reconto e preséntanse os resultados. Serdes Deputados por un día é unha experiencia moi rica e participativa. Permítevos partillar unha xornada con outros centros e nenos da vosa comunidade que, coma vós, estiveron traballando o valor do curso. E teñen un enorme interese na educación en valores, como o ten Aldeas Infantiles SOS. Se queres máis información ou directamente solicitar praza en Deputados por un día, podes enviar un correo electrónico á coordinación do programa aquí (amelialopez@ aldeasinfantiles.es). Ou chamares ao teléfono de asesoramento permanente: 670 696 588