48 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 12. Consumo e produción sostibles. A que non ten sentido que comamos froita que chega de países afastados situados en África ou Suramérica cando no noso país hai moita froita rica e variada ao longo de todo o ano? Ademais, xera un proceso moi custoso que o final remata pagando o traballador no país de orixe, o consumidor, e o planeta, xa que implica uns desprazamentos que fan que se empregue combustible que contamina o aire. As persoas son cada vez máis conscientes de que hai que coidar o medio ambiente. Seguro que vós o tedes moi claro, ás veces máis que os vosos pais e avós, porque cada vez adquirides máis compromiso nas escolas coa natureza. Para comezar, aprenderedes a reducir o consumo de produtos innecesarios; logo, a apostar polos artigos ou alimentos de proximidade, para evitar gastar enerxía e contaminar cos desprazamentos; e, por último, hai que ser responsable e apoiar os produtos de empresas éticas, que pagan salarios xustos e cuxos operarios traballan en boas condicións. Son bos hábitos para o noso día a día,porque as nosas decisións contan, e moito. O consumo responsable pode cambiar o mundo a mellor.