62 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 50 Hagamos las paces. Obxectivo: aprender a pedir perdón e perdoar; todos nos equivocamos e non sempre facemos as cousas como se deberían facer. Non pasa nada por rectificar. Pídese perdón e S soluciónanse os conflitos. Ideas chave: pedir perdón, rectificar,compromiso cun comportamento de verdade e duradeiro. Resolución de conflitos. Protocolos contra o acoso escolar. Recursos: salón de actos ou recoller algunha tarima que se poida levar á aula. Desenvolvemento: todos pedimos perdón nalgunha ocasión por ter feito algo mal (mentir,falar mal doutros, rirse dos compañeiros, colleralo que non é nosgo, etcétera)ou fixemos como que non víamos un caso de acoso. Mais, a maioría das veces, dános vergonza que nos vexan pedindo perdón, e facémolo ás agochadas ou sen darlle moita importancia, cando si é importante para quen sofre que se recoñeza e se lle pida desculpas. A partir de agora, cando haxa que pedir perdón por calquera conflito ou no caso de acoso, os alumnos farano subidos a un estrado, para que todo o mundo os vexa e escenifiquen sen complexos nin vergonza o momento dándose as mans, dándose unha aperta ou bicándose nas meixelas, como unha reconciliación. Na casa: se alguén manca, fere, mente ou se comporta mal cun membro da familia, búscase un momento tranquilo do día para explicar como se sentiron as dúas partes e como van solucionalo. Máis: no mundo houbo casos de grande inxustiza cara a grupos e minorías, como pasou co Apartheid, cando se trataba distinto ás persoas brancas e ás negras, en Suráfrica. Cando se puxo fin a esta situación, pediuse perdón para pasar páxina. Que pensades disto? Credes que se pode perdoar?