41 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 De excursión coas familias. 31 Objetivo: traballar de xeito transversal incluíndo no grupo non só aos compañeiros de clase, senón ás familias. Ideas chave: compartir, traballar, colaborar en grupos grandes M e relacións interxeracionais.. Recursos: almorzo e xantar para partillar;diario compartido, lapis, cores, etcétera. Desenvolvemento: organizar unha excursión á natureza, a algún parque ou bosque ao que non teñan que desprazarse moi lonxe da escola, para observar as flores, plantas, insectos, etcétera,recoller mostras e escribir un diario;convidar as familias que poidan organizarse para ir.Divídense as cousas que teñen que levar para o almorzo e o xantar, e todos partillan a comida de todos. Os familiares tamén participan nesta excursión, para valorar o traballo que fan os alumnos e os profesores, compartir o obxectivo e os coñecementos adquiridos,para achegar o que saben. Entre todos, tentan recoller o máximo de mostras posibles e gozar xuntos da experiencia. Os pais poden colaborar tamén facendo fotos da saída para logo compartilas nun álbum de Flickr. Na casa: organizar algunha actividade que facer con tíos e curmáns; ir de excursión a algún sitio que lles preste a todos e levar pícnic; ir á boleira, a patinar, a ver unha película ao cine, etcétera. Máis:preparar un libro de campo-diario con todas as mostras recollidas na natureza coa información correspondente. Cando estean acabados, convidan as familias a visitar un día a aula ou os espazos onde os expuxeron para compartir con elas o resultado final.