55 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 43 Mandala dos océanos. Obxectivo: non sempre se teñen presentes, pero os océanos ocupan tres cuartas partes do planeta. Hai que coidalos como se merecen. INF Ideas chave: pensar en azul; estar comprometidos coa saúde e o benestar dos nosos océanos. Recursos: mandalas, cores, ceras, rotuladores, etcétera. Desarrollo: repártense entre todos os alumnos mandalas que representen o mar;píntanse con tonalidades de diferentes azuis.Cando acaben, pendúranse polas paredes da aula como decoración. Deste xeito, a aula representará un océano xigante e lembrará aos alumnos a diario a importancia que estes teñen no noso planeta. Na casa: repasar algún atlas no que apareza información dos océanos do planeta: como se formaron ao longo dos anos, o espazo que ocupan no planeta, como conectan uns cos outros, etcétera. Máis: organizar unha exposición ao final do curso cos mandalas; convidar a todos os cursos a achegar o seu gran de area na decoración do espazo.