61 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 49 Aprendemos a votar. Obxectivo: comprender que para que as persoas se poñan de acordo, o mellor xeito de facelo é votar e aceptar a suma da maioría. INF Ideas chave: democracia votación e igualdade. , Recursos: cartolinas vermellas e verdes, tesoiras ou cúter e caixa de cartón. Desenvlvemento:na clase hai moitas decisións que tomar, igual que na sociedade en xeral: cando se acende a calefacción, como se decora a aula, que se fai cos libros e xoguetes que están rotos ou desgastados, etcétera. Pacer propostas de opcións. Para tomar unha decisión a respecto de cada tema, vótase empregando unha cartolina verde (SI) ou vermella (NON). Ao final, cóntanse os votos e aplícase a opción que escolleu a maioría. Na casa: votar determinadas decisións, mais como somos moitos menos, a votación faise a man alzada. Máis: podemos escoller o nome da nosa clase, ou da mascota ruo debuxo, boneco) con este sistema de votacións. Podémoslles explicar que, no mundo dos adultos, as votacións serven para escoller as persoas que se encargan de organizar como serán as escolas, as estradas, os hospitais... e a que idade poderán votar. Podemos explicarlles tamén que non sempre puido votar todo o mundo, como acontecía na antigüidade ou, ata hai menos dun século, as mulleres non podían votar.