16 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 4. Educación de calidade. Familiares, amigos, coñecidos...Todas as persoas entre os 3 e os 16 anos, de luns a venres, están na escola. No colexio apréndese a ler, a sumar, a debuxar, a convivir,a pensar, a reflexionar...na escola coñecemos os amigos e a profesores que compartirán connosco todo o que saben. Nun espazo para adquirir coñecemento, medrar como persoas e compartir con todos os nosos compañeiros. Na actualidade, porén, máis de 265 millóns de nenos non están escolarizados por motivos de pobreza e falta de infraestruturas nos seus países de orixe. Isto son moitas crianzas. Para que o imaxines, máis de cinco veces a poboación de España. Nas últimas décadas, houbo grandes avances polo que respecta aos índices de alfabetización e taxas de escolarización. Aínda así, esas cifras teñen que ser mellores, xa que só a educación pode mellorar a calidade de vida das persoas para conseguir un desenvolvemento sostible. Ademais, é moito máis divertido estar aprendendo na escola rodeado polos amigos.