21 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Aniversario: 30 anos 13 da Convención dos Dereitos dos Nenos. Obxectivo: rorganizar unha gran celebración arredor dunha data tan importante como é o 30 aniversario da Convención M dos Dereitos dos Nenos. Ideas chave: reivindicar, conmemorar, pór en valor un momento tan relevante na loita pola igualdade e os dereitos dos menores. Recursos: pan, embutidos, galletas,zumes, batidos, froita, pasteis, candeas de aniversarios... Desenvolvemento: o 20 de novembro de 1959 asinouse a Declaración dos Dereitos do Neno polos 78 estados que compoñían a Organización de Nacións Unidas (ONU) e 30 anos despois a Convención dos Dereitos do Neno ofrecía un articulado a aqueles 10 principios básicos. Este momento tan importante na historia do menor, celébrase cun gran pastel e unha merenda, na que todos sopran as candeas. Podemos facer que, antes do pastel, algúns nenos digan unhas palabras, referíndose aos seus dereitos favoritos.Un deles dará os parabéns polo Dereito da Igualdade e todos aplaudirán. Na casa: ler atentamente os 10 principios da Declaración dos Dereitos do Neno. Debater se pensamos que no noso país se respectan de xeito xeral. Máis: pódese escribir cada un dos principios nunha cartolina grande e colgalos na clase, ou nas zonas comúns da escola, para que todo o alumnado e a comunidade educativa os teña sempre presentes.