35 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Facemos amigos por carta doutro país. 25 Obxectivo: contactar con persoas doutros países para coñecer outras culturas, outras tradicións, e compartir experiencias. M Ideas chave: coñecer novas persoas, intercambiar experiencias e abrirse a outras culturas. Recursos: ordenadores e conexión a Internet. Desenvolvemento: poñer en contacto cunha escola de Primaria doutro país; contactan cos cursos de quinto e sexto de Primaria e intercambian correos electrónicos. Cada alumno ten un “pen pal”,que é como se chaman aos amigos que se coñecen deste xeito. Se non se entenden en español, galego ou portugués tamén se pode empregar o inglés: explican detalles da súa vida na casa e na escola, como é a cidade ou a aldea en que viven, cales son os seus pasatempos ou afeccións, etcétera. Na casa: para entrar máis en contacto coas tradicións doutras culturas,pódese participar nalgunha das súas celebracións como o Aninovo chinés, o Acción de Grazas estadounidense, o Ramadán dos musulmáns, etcétera. Máis: ademais de escribírmonos mensaxes, póñemoslles cara aos nosos amigos de correo electrónico. Concretamos un día e hora e conectámonos a través de Skype.