57 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 15. Ecosistemas sans: bosques, desertización e diversidade biolóxica.. As fragas cobren unha terceira parte da superficie seca do noso planeta. Desde o aire e o oxíxeno que respiramos, a auga que bebemos e os alimentos que comemos, os bosques mantéñennos con vida. Sen eles, a Terra sería un deserto onde nin as plantas nin os animais poderían vivir e, moito menos, as persoas. As fragas, ademais, son o fogar de 8 de cada 10 especies terrestres de animais e plantas. É dicir,é o hábitat máis importante para os seres vivos na Terra. Pero o consumo e a produción acelerada dos humanos está provocando que grandes zonas de bosque desaparezan para converterse en materias primas que se transforman á súa vez en produtos de consumo. Este ritmo frenético pode acabar en desastre para a humanidade. Das 8.300 razas coñecidas de animais, o 8% xa se extinguiron e o 22% está en perigo. Comprométete con eles, con protexelos para que sigan compartindo connosco este planeta, que é tan seu coma noso.