49 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 A rebelión dos váteres. 37 Obxectivo: insistir entre os alumnos no feito de que os váteres non son colectores polos que botar desperdicios. INFM Ideas chave: saber reciclaraxeitadamente para evitar problemas importantes. Recursos: folios ou cartolinas, lapis, cores e/ou rotuladores. Desenvolvemento: nos váteres non se bota ningún tipo de lixo; só se empregan para facer as nosas necesidades básicas e botar o papel hixiénico;mais non todo o mundo cumpre estas normas. Facer un cómic protagonizado por un retrete no que se reivindica o seu uso e que ningún tipo de lixo é benvido. Aproveitar para facelo o Día Mundial do Retrete, o 19 de novembro. Na casa: facer dous carteis: un con cartolina verde e outro con cartolina vermella e pegalos a carón do inodoro. Na cartolina verde apuntamos que se pode botar por el; na vermella, todo o que non. Máis: xuntar todos os cómics e facer un pequeno caderno con todos eles.