60 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 16. Paz e xustiza. Para pechar o noso programa sobre valores, imos falar dos conceptos que, malia non pareceren tan concretos coma os anteriores, non son menos importantes. É máis, son básicos para a nosa convivencia: paz e xustiza. A paz é un estado de tranquilidade e equilibrio, no que todo o mundo se atopa a gusto e se sente cómodo. Un estado no que todos nos deberiamos sentir, tanto na escola, como na casa, como en calquera outro lugar. Hai que ser amables, respectuosos, educados, positivos e intentar non facer nunca dano a ninguén, nin rirse dos máis. Todos queremos vivir en harmonía. E para conseguir este estado de paz, ademais de ser bos e respectuosos, tamén temos que ser xustos, cos demais e con nós mesmos. Nas nosas relacións, temos que comprometernos a mirar as cousas desde fóra, con imparcialidade, sen deixarnos levar por se alguén é ou non o noso amigo, senón por se as cousas que acontecen son xustas ou non. Hai que defender a quen o merece e protexer o máis débil.Comprométete a defender a xustiza, a evitar os insultos e as pelexas, a non deixar que ninguén acose a ninguén, nin moito menos facelo ti. Así,medramos como persoas respectuosas e con valores, como o mundo que queremos.