28 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 8. Crecemento económico. O crecemento económico é moi importante para que as familias de todo o mundo melloren as condicións nas que viven e teñan benestar, é dicir, as necesidades básicas como a comida, a casa onde viven, o médico, a educación, etcétera, cubertas. Para o crecemento económico son moi importantes dúas cousas: dispoñer de traballo e que o salario do traballo sexa suficiente para pagar todas as necesidades básicas que enumeramos anteriormente. Na actualidade, calcúlase que hai máis de 200 millóns de persoas sen traballo e case 800 millóns de persoas con emprego, mais con soldos tan baixos que non poden saír da pobreza. Os gobernos deben facer leis e xerar axudas para a creación de emprego para todos: homes, mulleres, rapaces...con salarios dignos, igualdade de trato e boas condicións a nivel de seguridade laboral. Só así, os países poderán ter sociedades máis equitativas e xustas.