20 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 5. Igualdade de xénero e empoderamento. As nenas e as mulleres representan a metade da poboación e, por tanto, a metade das nosas expectativas de mellorar,estudar, inventar, imaxinar, construír, innovar...Porén, a desigualdade de xénero, é dicir,o feito de que os dereitos das mulleres non se respecten en moitos lugares, fai que perdamos ese marabilloso potencial. Esa desigualdade, por desgraza, pode comezar desde o seu nacemento. Nalgúns países, as nenas non poden acceder á atención sanitaria, ou á alimentación ou impídeselles ir á escola ou á universidade e obríganas a casar e ter fillos,sen quepoidan decidir.É inxusto e vai en contra dos Dereitos humanos. Por iso,sexas neno ou nena esta causa tamén é túa. Comprométete con dar voz por igual a rapaces e rapazas, a darlles a oportunidade da túa amizade. Amósalles iso aos 52 países que aínda non asumiron ese compromiso. Ergue a túa man para defender que todos poidamos vivir en igualdade de oportunidades, sexa cal sexa o noso xénero.