46 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Cortinas de auga. 34 Obxectivo: decorar a clase con obxectos que simulen ríos e lembren a importancia que estes teñen nas nosas vidas, aínda que non sexamos conscientes diso. INFM Ideas chave: decorar, ilustrar, reproducir,dar forma a algo, etcétera. Recursos: corda de cánabo, nobelos de la, de distintos grosores e en cores azuis, verdosas e marróns. Cartolinas, rotuladores, blue-tak, etcétera. Desenvolvemento: en Medio Social ou Medio Natural, organizar a decoración de toda a clase con corda de cánabo ou nobelos de tonalidades azuis emulando ríos do noso país e do planeta, a ser posible gardando unha escala (por exemplo: 1cm=1km). Representar os máis destacados: o máis longo, o máis ancho, o que ten máis caudal, os máis curiosos como o Guadiana (desaparece durante parte do percorrido para logo volver aparecer),o que ten a desembocadura máis grande, etcétera. Colócanos polas paredes, pendúranos do teito, por riba do encerado, etcétera. Na casa: unha fin de semana, visitar un río próximo e organizar unha excursión seguindo parte do leito dese río sempre que sexa posible. Máis: con cartolinas e blue-tak, engádense carteliños cos nomes dos lugares de nacemento e desembocadura ou das cidades polas que pasan os ríos e unha etiqueta final cos seus Km de lonxitude.