51 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 13. Frear o cambio climático. Seguro que escoitaches falar do cambio climático, verdade? Os expertos din que debido á contaminación está cambiando o clima en xeral,as temperaturas están aumentando e suceden máis eventos climáticos extremos como furacáns, vendavais, treboadas que provocan inundacións e secas. O cambio climático afecta a todos os países en todos os continentes. Por este motivo temos que poñernos mans á obra e evitar que a contaminación siga afectando o clima. Na actualidade, hai unha morea de solucións para actuar de xeito máis sostible e comprometido co medio ambiente: apostar polas enerxías verdes e renovables; consumir de xeito sostible, de proximidade, para que o transporte de mercancías non implique grandes desprazamentos; hai que empregar máis a bicicleta e o transporte público; etcétera. É un problema que, evidentemente, tamén require que todos os gobernos do mundo traballen xuntos para avanzar, pero nós tamén podemos contribuír co noso gran de area.