52 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 40 Debuxamos a nosa bolsa de tea. Obxectivo: utilizar a mesma bolsa de tea para realizar as compras da casa e deixar de usar bolsas de plástico para xerar máis residuos moi complicados, se non imposibles de reciclar. INF Ideas chave: reempregar, erradicar as bolsas de plástico das nosas vidas e empregar bolsas de tea. Recursos: bolsas de roupa de diferente tamaño, a poder ser de comercio xusto, que poidan levarse no bolso encartadas para a compra; pinturas para tea e pinceis.. Desenvolvemento: para evitar o uso de bolsas de plástico nas compras diarias, bolsas que xeran unha cantidade de residuos imposible de reciclar,elaboramos unha bonita bolsa de tea. Con pinturas axeitadas, cada alumno pinta a súa bolsa co debuxo que máis lle preste. Despois déixana secar. Cando xa están rematadas, lévanas á casa e agasállanas á súa familia. A partir de agora xa non precisaremos bolsas de plástico. Na casa: e¡eliminar as bolsas de plástico para calquera uso; empregar bolsas de tea ou que se poidan reciclar para a compra ou para levar o que sexa necesario dun lugar a outro. Máis: pintar máis bolsas tote e sortear nalgún evento que organice a escola ao longo do curso.