37 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 11. Cidades sostibles. Vivimos en vilas e, sobre todo, en cidades. Son o lugar de encontro de diferentes ideas,de comercio, cultura, ciencia, negocios... As cidades permitiron ás persoas avanzar para ter máis comodidades e unha vida mellor. Por todo iso, nos últimos decenios, o mundo experimentou un crecemento urbano sen precedentes. Na actualidade, máis da metade da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas viven en cidades. E prevese que para 2030, de cada 10 persoas 8 vivirán en núcleos urbanos. E para que as metrópoles poidan acoller a tanta poboación terase que facer un esforzo enorme para medrar de xeito responsable, lóxico e sostible.Hai que dar resposta ás necesidades das persoas, vivir en harmonía e igualdade de oportunidades e condicións, e que se minimicen ao máximo os residuos e a contaminación que as urbes superpoboadas xeran. Son retos moi complicados de alcanzar, mais para iso estamos os humanos, para atopar a mellor das solucións.