25 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 7. Enerxía sostible. A industria é moi importante para o ser humano. Xera todos os obxectos, maquinarias, infraestruturas, etcétera, que nos facilitan e axudan na vida e nos proporcionan calidade. Esta industria é cada vez maior, e precisa de múltiples enerxías que a manteñan en funcionamento. Inicialmente empregáronse enerxías como o carbón, o carbón vexetal, a madeira, os residuos de orixe animal...estas son aínda importantes, mais xeran moita contaminación. Afortunadamente, engadíronse novas fontes de enerxía como as renovables: a hidroeléctrica,a solar e a eólica, que xeran moita menos polución que as anteriores. Porén, os avances deben ser moito máis importantes e significativos para lograr, aos poucos, que todos os habitantes do planeta teñan acceso a unha enerxía máis limpa e sostible.Débese aumentar o uso de enerxía renovable en sectores como o da calefacción e o transporte. Así mesmo, son precisos os investimentos públicos e privados, así como maiores niveis de financiamentoe políticas comprometidas. A saúde do noso planeta está en xogo, e o tempo bótase enriba.