34 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 10. Reducir as desigualdades entre países. Verdade que non ten ningunha graza poñerse en contra doutro equipo en inferioridade de condicións? Imaxínao: temos menos xogadores, xogamos moito peor, non levamos zapatillas, non merendamos ese día... Así non vale. O interesante de xogar un partido con outro equipo é partir en igualdade de condicións, amosar respecto os uns aos outros, medirse polas mesmas normas e demostrar o que un sabe e se esforza. Se isto non acontece, nada ten sentido. Pois o mesmo pasa co mundo. As diferenzas entre os países máis ricos do planeta e os máis pobres, aínda que se vaian reducindo nalgúns casos, seguen a existir e condicionan a vida e o benestar de todos os individuos. Ata que esta fenda non se elimine por completo, e todos os cidadáns gocen dos mesmos dereitos e teñan as súas necesidades básicas cubertas, ata que non poidamos mirármonos aos ollos con respecto e sen pena ou vergonza, ata entón non poderá comezar o partido de verdade.