editorial Iker Pérez de Arenaza Responsable de EROSKI club Síguenos Equipo Revista Eroski Club D isque “o arroz nace na auga e morre no lume”. Escoitei ese dito hai unhas semanas e fíxome pensar en algo que esquezo a miúdo cando o ritmo do día se acelera: que a cociña comeza ben antes de acender o lume: no coidado, na espera ou na elección de cada un dos ingredientes. Se cadra é por iso que o arroz me parece o alimento máis xeneroso que existe: acolle todo o que o rodea. Un rustrido de verduras frescas, unhas alcachofas tenras en conserva ou uns chícharos que saen do conxelador listos para lle dar cor a un prato improvisado. Hoxe en día comer ben non depende do tempo que teñas, senón de como o organizas. En EROSKI sabémolo, e este mes tamén te queremos acompañar cunha selección de produtos pensada para que goces das verduras en todas as súas formas: frescas, conxeladas, envasadas ao baleiro ou listas para o microondas. Porque novembro convida a anticiparse. A encher a despensa con cabeza, aproveitando os bos prezos, as promocións, o noso “Black November” e numerosas ofertas dun mes que se prepara para o Nadal. Por iso, neste número presentámosche un calendario semanal para organizar os teus menús, aforrar e gozar dunha alimentación equilibrada sen renunciar ao sabor nin ao aforro. Así, cando cheguen os días máis festivos, terás tempo de gozar sen présas e coa satisfacción de facer as cousas ben dende o principio. E se entre promoción e promoción decides darte un capricho, pensa que tamén hai regalos que se poden anticipar: unha cesta de produtos locais, un viño especial ou un detalle gourmet que diga: “pensei en ti”. Porque adiantar o Nadal non é só cousa de listas, senón de ilusión. O sabor dA espera EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211 Directora: Ainhoa Oyarbide SUBDIRECTORA: Lucia Goicoechea Redactora xefe: Manuela Díaz realización Y edición Factoría Prisa Noticias, SLU Valentín Beato, 44. 28037 MadridTel. +34 915 386 104 Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913antoniogarcia@publimagazine.com Depósito Legal: BI-222-2015 Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.