Un mes a toda cor Cando chega o outono, a froitería énchese de cores profundas e de arrecendos que reconfortan. En EROSKI convidámoste a escoller verduras locais e de tempada pola súa calidade, sabor e bos prezos. E n novembro témoscho ben claro: as acelgas, cabaza, porros e brócoli téñenche que estar na cesta. En EROSKI, as nosas froiterías énchense de acelgas tersas e cos talos firmes; de cabazas ben pesadas para o seu tamaño, sinal de que teñen moita polpa; porros brancos e rectos, e brócoli dun verde intenso e compacto. Tamén comezan a chegar as alcachofas, pechadas, pesadas e no seu mellor momento. E para darmos un toque fresco, escarola ou endivias crocantes, perfectas para alegrar calquera ensalada. Todo isto acompañado, como non, polo noso tomate rosa de Barbastro, carnoso e doce, un auténtico agasallo da horta aragonesa, dispoñible só ata finais deste mes. Eu, nesta época do ano, sempre teño crema de verduras no conxelador. Fago unha boa pota co que atopo na neveira: cabaza, cenoria (dálle unha cor ben bonita) e un pouco de porro. Sofrito rápido, auga, sal e a cocer. Logo pásoo todo polo batedor e listo. Conxéloo en racións e, ao chegar á casa, póñoo a quecer e xa teño un primeiro prato saudable, económico e de tempada. Truco: se lle engades uns cogomelos salteados por riba, parece outra cousa. Comer ben no outono éche doado se escolles verduras de tempada. É saúde, calidade e bo prezo. CARMEN PERNA Supermercado EROSKI Alcalde Caballero (Zaragoza)