Arroz con verduras e curry 20’ 4 A B D E C NUTRI-SCORE A • 2 culleradas de pasta de tomate • 1 cebola e 1 allo • ½ brócoli • ¼ de coliflor • 2 cenorias • 150 g de cogomelos • 200 g de arroz longo • Sal e pementa Para a salsa de curry • Aceite de oliva virxe • 25 g de fariña • 30 g de curry • 500 ml de bebida de soia Limpar e partir o brócoli e mais a coliflor e cocelos. Cocer tamén o arroz. Cortar a cebola e o allo en anacos pequenos e as cenorias en rodas. Sofrixilos e, así que comecen a suar, botar a pasta de tomate e cociñar un par de minutos. Engadir a cenoria, o brócoli, a coliflor e mais os cogomelos. Cando as verduras se cociñen, engadir o aceite, a fariña e o curry. Deixar cociñar un par de minutos e despois ir engadindo, aos pouquiños, a bebida de soia mentres removemos a mestura. Cando espese, rectificamos de sal, pementa e curry, e servimos acompañado do arroz. Arroz con verduras e curry 20’ 4