FABA BRANCA DE CANTABRIa E n novembro, a horta cántabra móstrase en plenitude. Os ventos do norte e as chuvias constantes deixan os campos frescos e fértiles e deles xermolan as verzas máis tenras, os repolos crocantes e as fabas brancas que enchen os mercados da rexión. Son os ingredientes que marcan a tempada e os que, dende hai xeracións, dan vida a un dos pratos máis emblemáticos da gastronomía cántabra: o cocido montañés. Receitas con PRODUTOS DE AQUÍ Sabías que…? A diferenza doutros cocidos, como o madrileño ou o maragato, o montañés non leva garavanzos nin se serve en quendas. Preséntase todo xunto e é moi meloso.