Croquetas de cabaza 120’ 4 By peace_l0ve_vegan • 100 g de manteiga vexetal ou margarina • 100 g de fariña de trigo • 650 ml de bebida vexetal (0,0% azucre) • Unha cabaza • 4 cebolas • 70 g de mozzarella • AOVE • Noz moscada • Sal • Pementa Empanado: • Fariña • Ovo de liño (liño moído + bebida vexetal + 1 chorriño de salsa de soia) • Pan relado Parte a cabaza pola metade e colócaa na bandexa do forno boca abaixo. Ásaa durante 45 minutos a 200 ºC. Pica as catro cebolas á xuliana e cocíñaas nunha tixola con aceite de oliva a lume medio-baixo. Engade sal. Remove cada dez minutos para que a cebola se vaia acaramelando aos poucos. Nuns 45 minutos terala lista. Retira a polpa da cabaza e cóaa cunha tea filtrante. Reserva. Para faceres a bechamel, funde a manteiga vexetal nunha pota e esparexe a fariña. Cociña ata que se doure. Engade a bebida vexetal a medida que vai engordando a salsa sen parar de remover con varas. Salpementa e engade a noz moscada, 450 g da polpa de cabaza, a cebola acaramelada e o queixo. Integra ben os ingredientes e deixa que se cociñe. Bota a masa nun recipiente, tapa con filme (pegado á masa) e refrixera toda a noite. Ao día seguinte, dálle forma e pasa as croquetas pola fariña, o ovo de liño e o pan relado. Para acadar un empanado máis firme, tras pasalas polo pan relado vólveas pasar polo ovo de liño e, de novo, polo pan relado. Así asegúraste de que non abran ao fritilas. Croquetas de cabaza 120’ 4