6 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 35 MIN A B D E C NUTRI-SCORE B Un pl n delicioso e divertido CASEIROS Gusanitos Unha ración contén: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto KCAL 8% 157 4% 0,23g sal 0% 0,31g AZUCRES 9% 1,77g GRAXAS saturaDAS 9% 6,26g GRAXA 230 ml de de auga 2 culleradas de aceite de oliva 140 g de polenta 1 cullerada de farelo de avea ou de fariña integral fina 1 ovo 1 cullerada de lévedo nutricional 30 g de queixo parmesano 1 culleriña de pemento doce ½ cullerada de allo en po 0,5 g de sal 1. Poñer a ferver a auga xunto co sal e o aceite. Agregar a polenta e cociñar ata que espese. 2. Pasar a polenta cociñada a unha cunca e deixala amornar. Engadir o ovo, o lévedo nutricional, a fariña, o queixo parmesano en po, o pemento e o allo en po á polenta e mesturar ben. 3. Pasar esta masa a unha manga pasteleira e facer churriños con forma de gusanitos sobre unha bandexa cuberta con papel de forno. 4. Enfornar a 190 ºC durante 20 minutos. 5. Servir xunto a 200 g de froita picada variada e de tempada. Gusanitos CASEIROS 6 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 35 MIN Un pln delicioso e divertido Formas creativas: usa moldes ou fai formas coas mans: serpes, estrelas, letras... xoga a que cada un cree o seu gusanito personalizado! Xogo de cores: engade colorantes naturais (cúrcuma, espinaca, remolacha) para facer gusanitos arco da vella. Miniconcurso de sabor: fai pequenas variacións no condimento (máis pemento, sen queixo, con tomate...) e que os cativos voten o seu favorito. #alimentaloquepiensas