Torta Tatin de porros 40’-54’ 6 Busca esta e outras receitas, na nosa web • 1 lámina de follado • 5-6 porros • 50 ml de vinagre de sidra • 1 cullerada de AOVE (15 ml) • 1 culleriña de mel • Tomiño limoeiro • Sal e pementa acabada de moer Limpamos e cortamos os porros en rodas grosas. Nunha tixola ou recipiente apto para o forno mesturamos o aceite e o vinagre e reducimos un minuto. Engadimos o mel e o tomiño e quentamos ata integrar. Colocamos o porro e salpementamos. Prequentamos o forno a 180 ºC e introducimos o recipiente uns 20 minutos ata que os porros estean tenros e dourados. Sacamos do forno e cubrimos co follado. Picamos e facemos uns lixeiros cortes para que saia o vapor. Enfornamos a 200 ºC uns 15 minutos ata que estea dourado o follado e burbulle o recheo por todos os lados. Sacamos a torta e dámoslle a volta amodiño coa axuda dun prato. Decoramos con tomiño limoeiro fresco. Torta Tatin de porros 15’ 4