LASAÑA BOLOÑESA Excelente opción para unha deliciosa cea ou, por que non, para un xantar sinxelo para levar. Elaborada con pasta ao ovo, libre de colorantes e conservantes. E agora con receita renovada, cunha selección de ingredientes que fai desta proposta unha excelente alternativa que che aforrará tempo na cociña, con máis sabor e mais coa calidade de sempre. CANELÓNS DE CARNE Goza do sabor tradicional destes canelóns elaborados con carne 100% nacional e con pasta fresca ao ovo. Prepáraos no seu punto perfecto no forno ou, se o prefires, fainos no microondas. E agora, con receita mellorada, que inclúe maior recheo, máis saboroso e un gratinado aínda máis crocante. Estes canelóns conxelados son unha opción perfecta para gozar sen te complicares nos fogóns. LASAÑA BARBACOA Se es amante dos sabores intensos, atrévete a probar esta lasaña elaborada con pasta ao ovo. Unha receita que non te deixará indiferente. A calidade dos ingredientes e o coidadoso proceso de elaboración fan deste produto unha excelente alternativa para unha cea ou xantar ben saboroso.